O anelamento científico de aves é unha técnica que consiste na colocación de unha anela na pata dunha ave viva. Esta anela leva impreso un código que permite identificar tanto á ave que a porta como á súa área de anelamento e a institución encargada da súa colocación. Gracias a elo, é posible estudar varios aspectos da bioloxía das aves aneladas e das poboacións ás que pertence, a partir da información aportada por calquera persoa que puidese observar a un individuo con anela. Entre os aspectos a estudar, pódense citar os movementos migratorios, a lonxevidade, as tasas de mortalidade e supervivencia, a evolución das poboacións, etc. Todo elo permite contribuir á súa conservación.
O arquipélago de San Pedro sitúase na Coruña, fronte ao porto de O Portiño, e está composto de 4 illas e varios illotes. No seu conxunto están separadas do continente por unha canle de entre 200 e 350 metros de anchura e preto dun quilómetro de longo. A súa superficie total é de 7 hectáreas e o seu relevo é bastante plano. Albergan unha interesante biodiversidade, na que destaca a súa colonia reprodutora de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis).
O Grupo Naturalista Hábitat é unha entidade sen ánimo de lucro e politicamente independente, fundada en 1979 baixo a consigna básica de traballar polo estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia, desde un enfoque naturalista e baixo criterios científicos. Entre estes traballos de conservación e divulgación, os Grupos de Anelamento Hércules e Phylloscopus, integrados en Hábitat, levaron a cabo o anelamento dos polos de gaivota patiamarela nacidos na colonia das illas de San Pedro, con anelas de PVC de cor verde e código alfanumérico branco que comeza coas letras "ZR".
Colaboran:
Términos de uso e política de privacidade
Web desenvolvida por Juanda Presa
Os datos proporcionados serán almacenados nunha base de datos para uso exclusivo desta web.
As imaxes das aves son propiedade dos seus respectivos autores.
Se desexa utilizar ou publicar cualquera tipo de información procedente desta web, por favor, póñase en contacto co Grupo Naturalista Hábitat.